jueves, 17 de mayo de 2018

Xestionando as nosas emocións: As 6 emocións en 5º e 6º de Ed. Infantil

      Xestionando as 6 emocións básicas

A explosión das emocións 


O Monstruo de cores voltou a visitar a aula de  5º e 6º de Ed. Infantil, esta vez a súa sopresa
era explosiva!!!.

O xogo consistiu nunha dinámica educativa de reflexión sobre as como as emocións poden
controlarnos e facernos explotar, xa sexa de alegría, de rabia, de tristeza, amor, de medo,.. 


É fundamental facer unha reflexión sobre como as emocións afectan nos nosos pensamentos
e forma de actuar, para comprender a importancia de aprender a xestionar as emocións e con
iso controlar, na medida do posible as explosións emocionais. 

Iniciar aos nenos/as na toma de conciencia sobre a influencia das emocións en todas as
accións que realizamos nós mesmos así coma nos demáis é básico para:


  •   Favorecer o desenvolvemento da intelixencia emocional
  •    Identificar e entender as emocións básicas: alegría, tristeza, enfado, medo, calma
  •   Identificar as emocións básicas en si mesmos/as e nos demais
  •    Espertar a conciencia emocional
  •   Poder poñer nome ás emocións que os nenos/as están sentindo no momento presente
  •   Comezar a comprender e ser conscientes de por que sentimos
  •  Expresar as emocións a través da expresión corporal e facial e uso da linguaxe non verbal
  •   Expresar as emocións a través da expresión oral
  • Desenvolver a capacidade de identificar e xestionar as emocións.
  • Tomar conciencia da acción das emocións.
  • Iniciarse no control e xestión das emocións
  • Desenvolver a capacidade de buscar saídas ante unha situación.
  • Identificar que emoción sente nesas situacións
  •  Controlar as emocións que nos danan e buscarlles unha saída adecuada.
  • Mellorar a empatía
  •  Mellorar as habilidades emocionais
  • Crear una nova mirada sobre as persoas, dende eo coñecemento e dende a emoción
  • Sintonizar emocionalmente e comprender os seus esquemas mentais. 

Podedes ver como vivimos esta experiencia no seguinte vídeo:

                                           Aula de 6º de Ed. Infantil

                                              Aula de 5º de Ed. Infantil

No hay comentarios:

Publicar un comentario