Presentación dos mediadores/as
nas aulas de Ed. Infantil e Ed. Primaria
Seguindo co noso proxecto de mediación nas aulas, durante as semanas do 23 de abril ao 4 de maio, os mediadores e mediadoras que asinaron o seu compromiso de cofidencialidade, realizaron unha xoranda polas aulas de 6º de Ed Infantil ata 6º de Ed. Primaria, para dar a coñecer este novo servizo do cole a todo o alumnado, mellorar o uso de este recurso por parte do alumnado de todo o centro e coma fin último implicar a todo o alumnado na mellora da convivencia do noso centro.
Nesta xornada, explicaron que é a mediación escolar, en que consiste o proceso de mediación así coma as súas principais funcións.
No hay comentarios:
Publicar un comentario