As nosas letras galegas inclusivas
Este ano, para celebrar a semana das letras galegas adicadas a María Victoria Moreno, realizamos actividades utilizando Sistemas Aumentativos e Alternativos de Comunicación (SAAC).
Segundo sinalan ARASAAC, son formas de expresión distintas á linguaxe falada, que teñen como obxectivo aumentar (aumentativos)
e/ou compensar (alternativos) as dificultades de comunicación e
linguaxe de moitas persoas con discapacidade.
A comunicación e a linguaxe son esenciais para todo ser humano, para
relacionarse cos demais, para aprender, para gozar e para participar na
sociedade e hoxe en día, grazas a estes sistemas, non deben verse
freados por mor das dificultades na linguaxe oral.
Entre as causas que poden facer necesario o uso dun SAAC atopamos a parálise cerebral (PC), a discapacidade intelectual, os trastornos do espectro autista (TEA), as enfermidades neurológicas tales como a esclerose lateral amiotrófica (ELA), a esclerose múltiple (EM) ou o párkinson, as distrofias musculares, os traumatismos cranio- encefálicos, as afasias ou as pluridiscapacidades de tipoloxías diversas, entre moitas outras.
Estas son as actividades realizadas polo equipo docente en colaboración con Equipo Dinamización da Lingua Galega, sendo os obxectivo o de resolver misterios utilizando Braille e PECs.
No hay comentarios:
Publicar un comentario