lunes, 14 de mayo de 2018

Obradorio de Disciplina positiva (Sesión 4)

        Cuarta sesión: As reunións familiares

Este martes 15 de maio,  realizamos a última sesión de Disciplina positiva para familia no noso centro.

Os temas que tratamos estiveron enfocados cara unha estratexia moi útil para axudar a mellorar a convivencia nas casas e enfocarnos en solucións: As reunións familiares.

Para poder ter unha guía para desenvolvelas podedes consultar o seguinte enlace, onde aparecen todos os pasos moi ben explicados.





Reflexionamos sobre a felicidade e o amor nas casas, con outra estratexia para mellorar e resolver os conflitos.. con dame unha aperta.



Deixamos un link con Bibliografía de interese: Bibliografia de Disciplina positiva.

 E por último, adicámonos unhas alentadoras e afectivas palabras!! Foi unha experiencia preciosa!!

Dende o CEIP Porto Cabeiro...

MOITAS GRAZAS A TODAS AS FAMILIAS POR ASISTIR, 

COMPARTIR, RESPECTAR, AXUDAR E BRINDARNOS A 

OPORTUNIDADE DE APRENDER UNS DE OUTROS!!

FELIZ VIAXE POLA DISCIPLINA POSITIVA!!!

 

 

No hay comentarios:

Publicar un comentario