lunes, 14 de mayo de 2018

Localiza saúde no CEIP Porto Cabeiro


 Estratexia de Promoción da Saúde e Prevención no 

Sistema Nacional de Saúde 


Co obxectivo de conseguir gañar anos de vida en boa saúde e libre de discapacidade, o Ministerio de Sanidade, Servizos Sociais e Igualdade, xunto coas CCAA elaborou a “Estratexia de Promoción da Saúde e Prevención no Sistema Nacional de Saúde (No marco da abordaxe da cronicidade no SNS)”, aprobada no Consello Interterritorial do Sistema Nacional de Saúde o 18 de decembro de 2013. 

Esta Estratexia é unha oportunidade de integrar e coordinar os esforzos de promoción da saúde e prevención entre todos os niveis, sectores e actores implicados. Propón o desenvolvemento progresivo de intervencións dirixidas a previr as enfermidades, lesións e a discapacidade, e caracterízase pola súa abordaxe integral e por contornas, o seu enfoque positivo e poboacional, ademais de manter unha perspectiva de curso vital.

O noso centro, adheriuse a Estratexia de promoción da saúde, tras a proposta por parte dos Servizos Sociais do Concello de Redondela, Redondela Saúde.

Podedes consultar os servizos que oferta o noso centros con respecto: 


  • Educación e benestar emocional e convivencia
  •  Alimentación  
  •  Saúde e Deporte.



Localiza saúde no CEIP Porto Cabeiro

No hay comentarios:

Publicar un comentario