domingo, 17 de junio de 2018

Iogamos xuntos: A experiencia con 2º Ed. Primaria


A experiencia entre 4º Ed. Infantil e 2º Ed. Primaria

Os nenos e nenas de 4º de Ed. infantil e a súa titora Diana, invitaron aos nenos/as da aula de 2º de Ed. Primaria e a súa titora Loli, a compartir con eles unha sesión de Ioga... e é que os nenos de 3 anos xa son profes de Ioga e queren que todos e todas os nenos/as do cole, aprendan e se beneficien da calma e tranquilidade que eles sinten día a día grazas a ao Ioga.

Foi unha experiencia maravillosa... que grandes aprendizaxes construímos todos xuntos!!



Aprender a ver: El libro negro de los colores

O libro negro das cores

Na aula de 4º Ed. Infantil atopamos un libro que nos sorpredeu moito, e é que nos propón una nova experiencia cos sentidos, "ver" as cores como o faría un neno/a cego.

En cada par de páxinas atopamos unha descrición de cada un das cores tal como concíbeos Tomás, un neno que non pode ver as cores. É un libro creado só en negro.

O libro está enteiro ilustrado en relevo e está escrito en letras en tinta e coa súa tradución en  Braille.

As ilustracións son relevo e é onde podemos "sentir" cada cor. 

Quedamos impresionandos ao ler como son as cores sen poder velos e o que esperta en Tomás cada un deles.

Que gran aventura iniciamos con este libro sorpresa... que de seguro, continuará.


Para saber máis premede no seguinte enlace: El libro negro de los colores



 



lunes, 11 de junio de 2018

As nosas IIMM: O cerebro colectivo de 4º Ed. Primaria


 AS NOSAS IIMM: O NOSO CEREBRO COLECTIVO


Na aula de 4º de Ed. Primaria, este ano de novo, coñececimos a teoría das Intelixencias Múltiples de H. Gardner.

Partindo da súa teoría coñecimos a diversidade e heteroxeneidade das Intelixencias, capacidades, habilidades,... de todos os nenos e nenas da clase e creamos entre todos a nosa roda das Intelixencias Múltiples e un caderno persoal co noso gráfico e coa Intelixencia que máis destaca en cada un de nós. 

Foi unha experiencia moi enriquecedora que permitiu que crearamos o cerebro colectivo da nosa aula, porque compartindo as capacidades, habilidades, coñecementos,  competencias,... de todos nós, conseguimos construir un cerebro de aula que nos permite acadar todas as metas que nos propoñamos.






E este é  o resultado final do noso caderno persoal de Intelixencias múltiples:


Material de Disciplina positiva

Material de Disciplina positiva

Deixamos aqui o material de Disciplina positiva entregado as familias.







 

sábado, 9 de junio de 2018

Iogamos xuntos: O conto das bolboretas


O conto das bolboretas cos nenos de 4º de Ed. Infantil

Os nenos e nenas de 4º de Ed. Infantil, e a súa profe Diana, a través do Ioga contáronlle aos nenos e nenas de 1º Ed. Primaria, un conto sobre as bolboretas O conto das bolboretas

Para contar este conto, todos os nenos de 4º de Ed. Infantil fixeron de profes, ensinándolle  as diferentes posturas e os nenos e nenas de 1º de Ed. Primaria aprenderon e entre todos contaron xuntos este conto a través de posturas.

 Foi moi relaxante e motivador...e para rematar déronse masaxes de animais... que experiencia tan maravillosa!!

Aqui podedes ver as fotos:



 Beneficios do IOGA nos nenos e nenas

Na páxina de guía infantil, explican os beneficios do Ioga, coma xa vimos na anterior entrada, a nivel físico, emocional, cognitivo:

" A través do ioga, os nenos exercitarán a súa respiración e aprenderán a relaxarse para facer fronte á tensión, ás situacións conflitivas e á falta de concentración,... 
O ioga axudaralles no seu longo camiño cara ao dominio físico e psíquico. 

O que conseguen a nivel físico e mental os nenos que practican ioga: 

1- Desenvolvemento e destreza dos músculos motores. 
2- Flexibilidade nas articulacións. 
3- Mellora dos hábitos posturales da columna vertebral.
4- Masaxe dos órganos internos.
5- Melloría nos hábitos da respiración. 
6- Estimulación da circulación sanguínea. 
7- Melloría da autoestima.
8- Baixa no nivel de tensión infantil. 
9- Perfeccionamento dos sentidos. 
10- Axilidade e enteireza. 
11- Calma e relaxación.
12- Estiramento. 
13- Mellor desenvolvemento da atención, concentración, memoria e imaxinación. 
14- Harmonización da personalidade e o carácter. 
15- Oportuna canalización da enerxía física. 
16- Mellor comprensión e interacción cos demais. 

A respiración é unha parte integral do ioga. O inhalar e exhalar polo nariz é esencial para que o neno poida estirarse e obter o equilibrio necesario para empezar a practicar as posturas do ioga. Unha vez que o grupo controle a súa respiración, o profesor empezará coas posturas. "

 Para saber máis:  O ioga para nenos, de Ramiro A. Rúa

Para saber máis: Ioga infantil: a unión do xogo e a relaxación

 















O deporte inclusivo e Xogos en familia

                      O deporte coma medio de inclusión social


No ámbito escolar, a área de Ed. Física ten un papel moi relevante no proceso de construción dunha escola inclusiva.
Na nosa escola, se orientan  contidos e as sesións cara ao desenvolvemento de valores e actitudes que potencien procesos de educación inclusiva. 
 A actividade física, inflúe directamente no desenvolvemento físico e motor de quen a practica, pero ademais xera beneficios relacionados co ámbito social, repercutindo na adaptación das persoas á súa contorna, xerando unha poboación saudable e activa, e potenciando os valores de responsabilidade persoal e colectiva no desenvolvemento social, a través de distintos deportes e xogos pre-deportivos.
As propostas realizadas no noso cole, en favor da inclusión educativa en relación á área de Ed. Física,  coordinadas pola mestra de Ed. Física Ánxela, son as seguintes:

Xogade

Así mesmo, invitamos ás familias a participar o día 6 de abril, día da actividade física, e xogaron xuntos, nenos e familias.

Xogando en familia


Por outra banda, asistiu ao noso centro, Chano Piñeiro,  nadador paralímpico, un gran exemplo da loita e defensa dos dereitos das persoas con diversidade funcional adicadas ao deporte.

Para poder ver a experiencia premede no seguinte enlance: Todos podemos

O Blogue da biblioteca, tamén se fixo eco desta nova: Dia Internacional da Diversidade funcional





Para saber máis sobre o deporte e a inclusión do alumnado con diversidade funcional premede no seguinte enlance: O deporte como factor inclusivo.

Estamos capacitados coa Asociación Andaina


 Estamos capacitados!!


No día da diversidade funcional, o día 3 de decembro, a Asociación Andaina de Redondela realiza  diversas iniciativa e actividades. Este ano convídaronnos a facer unha foto cos brazos levantados e as mans pintadas e  amosando un cartel co lema "Estamos capacitados".

 O fin da asociación Andaina, é mellora-la calidade de vida das persoas con necesidades especiais e das súas familias.  Estes son os nosos obxectivos:
  • Dar apoio e asesoramento ás familias.
  • Realizar actividades complementarias á educación regrada de nenas e nenos con necesidades especiais.
  • Acadar a integración social no ámbito escolar e familiar actuando fundamentalmente a nivel local.
  • Difundir, concienciar e sensibilizar sobre a diferenza.
  • Loitar polos dereitos dos nosos nenos para que poidan construir o seu futuro en condicións de igualdade plena.

O concepto de diversidade funcional, foi proposto no ano 2005 no Foro de vida independiente,  para substituír outros con connotacións consideradas peyorativas, como “discapacidade”, “minusvalía”, “invalidez”, etc.

Na Wikipedia, atopamos unha breve explicación sobre o novo enfoque: "Dado que na sociedade existen persoas con capacidades diferentes entre si, mesmo grandes variacións destas nun mesmo individuo ao longo da súa vida, é posible afirmar que, nun momento dado, na sociedade existe diversidade funcional do mesmo xeito que se observa diversidade cultural, sexual ou xeracional"

Para saber máis sobre o concepto e o enfoque na práctica diaria podedes consultar o seguinte enlace:Justicia versus relato.

Por outra banda, na páxina wenb de "La mente es maravillosa" podemos atopar a seguinte reflexión e exemplo para poder entender o significado deste termo:

"O concepto de diversidade funcional vén romper coa idea de que as persoas con discapacidade sofren un trastorno que lles incapacita. A sociedade sería a que categoriza a eses individuos como persoas con discapacidade. 
O perigo xa non só residiría na categorización e nas súas connotacións, senón e sobre todo no feito de que sería precisamente a propia sociedade a que impón esas condicións ás que a persoa con discapacidade non se pode adaptar. Isto é unha idea constructivista, fácil de entender a través da seguinte afirmación: se todo o mundo fose cego, ser cego non supoñería ningún problema: a sociedade adaptaría o contexto á cegueira.
  A sociedade é a que exclúe aos individuos con diversidade funcional e sácaos da “normalidade” ao non crear produtos, recursos ou ferramentas accesibles a eles."

 Podedes ler o artigo completo no seguinte enlace: Diversidad funcional una nuevaperspectiva sobre la discapacidad.


No noso cole, por proposta da mestra de Ed. Física Ánxela, participamos na súa proposta, e para ver o resultado premede no seguinte link: Estamos capacitados.









jueves, 7 de junio de 2018

Os nutrientes e a aprendizaxe


A influencia dunha boa alimentación na aprendizaxe

Unha aportación axeitada de nutrientes no día a día pode axudar a mellorar o proceso de aprendizaxe dos nosos nenos e nenas.

Fai case 2000 anos, Hipócrates (400 a. C.) creaba unha frase que está de plena actualidade ““Deixa que a comida sexa a túa mediciña e a mediciña o teu alimento”. Hoxe en día, tanto na casa coma na escola, valoramos a grande importancia que ten unha boa alimentación para unha boa saúde, pero as investigacións actuais, afirman que ademais existen unha serie de nutrientes que teñen relación coa aprendizaxe e que están implicados en multitude de procesos a nivel cerebral, regulando os procesos de atención, execución de tarefas,...

Un de eles é o ferro, que podemos atopar na carne e nas verduras, o cal é un dos precursores da  dopamina, un neurotransmisor cerebral implicado nas vías que regulan a capacidade de atención.
Os ácidos graxos omega-3 e omega-6, presentes especialmente no peixe azul, dos que existe multitude de literatura médica que relaciona un déficit destes dous ácidos graxos esenciais (“esenciais” quere dicir que non os pode sintetizar o noso organismo, senón que só podémolos obter coa dieta) con problemas de aprendizaxe.

Por último é importante recordar a necesidade da consulta a profesionais médicos que sirvan de guía.
Para saber máis (Fonte: mipediatra.es)