viernes, 27 de octubre de 2017

Re- imaxinamos a escola: abrimos a escola á diversidade


O Proxecto “Re-imaxinamos a escola: abrimos a escola á diversidade” está destinado a sensibilizar á comunidade educativa respecto da diversidade do ser humano.

Non se trata de diferenciar, clasificar ou etiquetar, senón de valorar, apreciar, recoñecer, consiste en valorar ao neno e nena, e así que se manteña único, tal como naceu. Nin igual. Nin diferente, senón único. Respectado e respectando como quere ver e gozar do mundo no que vive.

O obxectivo principal é transmitir a idea de que o importante non é ser iguais ou diferente, senón que o importante é facer entre todos e todas un bo equipo.

Entender que a diversidade enriquece as nosas aulas, o noso centro e sobretodo as nosas vidas.
Este proxecto nace en febreiro de 2017 e  forma parte da visión inclusiva da escola que construímos día a día,  todo o equipo docente do CEIP de Porto Cabeiro (Redondela) sendo dirixido pola Xefa do Dpto. de Orientación Elena Fernández Serrano.