martes, 29 de mayo de 2018

GRAN PREMIADA!! Mediadores/as e nenos de 3º e 4º


GRAN PREMIADA


O día 25 de maio celebrouse no noso cole a gran PREMIADA unha xornada adicada a valorar a contrubución dos nenos e nenas do noso cole para construir unha escola inclusiva chea de respeto, empatía, paz, ledicia, convivencia pacífica... e moito moito amor.


Os premios foron para....OS MEDIADORES E MEDIADORAS!!!

Diego, Lara, Axel, Adriana, Izan, Rebeca, Alejo, Ángela, Elisa, Shakira, Laura, Martina, Nerea, Xiana, Thais, Rocío e Tamara, que son nada máis e nada menos que os os nosos mediadores e mediadoras que saen valentes ao patio para axudarnos a resolver os conflitos que se dan no día a día….

Entregámoslle a medalla de Gran mediador/a, polo seu compromiso, a súa responsabilidade, colaboración, motivación para axudar aos demáis, a súa alegría e porque grazas a eles cada día camiñamos cara construir unha escola chea de paz e boa convivencia.

Un forte aplauso para eles!!




 Os premios tamén foron para... os nenos e nenas de 3º e 4º!!!


Os nenos e nenas de  3º e 4º reinventaron xuntos unha escola para todos/as, e vos preguntaredes como fixeron isto? Pois vouvos contar as súas historias…

Os nenos de 3º sopraron e crearon un frasco que encheuse de cores. Vermello de amor e compresión, verde de palabras bonitas e axuda, azul de xogos e xoguetes, amarelo de música e alegría. Así eles, crean cada día momentos de felicidade para encher de brillantes cores e máxicas emocións as súas e as nosas vidas.

Os nenos de 4º crearon un cerebro máxico, que grazas a combinación dos 8 tipo de intelixencias é quen de valorar a diversidade e mellorar as súas competencias e habilidades para enfrontar os retos do día a día.


Noraboa aos premiados pola ONCE e Noraboa aos nenos de 3º por encher as nosas vidas de cor e felicidade!. 


 E así, pasiño a pasiño todos xuntos imos facendo o noso soño realidade, de converter o noso cole nun cole para todos e todas.





No hay comentarios:

Publicar un comentario