lunes, 23 de abril de 2018

Plan de transición á E.S.O.

Plan de transición á E.S.O.


No noso centro levamos a cabo un plan de transición á E.S.O. en colaboración con I.E.S. Pedro Floriani.
Os obxectivos do plan son os seguintes: 

Co alumnado:
  • Difusión e mellora da competencia lingüística na lingua galega do noso alumnado
  • Favorecer o coñecemento múto do alumando interetapa das súas capacidades, intereses e motivacións.
  • Informar o alumnado sobre a estrutura do Sistema Educativo.
  • Proporcionar ao alumnado de Primaria, información sobre a E. S.O.
  •  Proporcionar o coñecemento do instituto: dependencias, aulas, horarios, normas e profesorado.
  • Facilitar información sobre as distintas opcions académicas.
  • Favorecer a acollida, por parte dos alumnos d e a E. S.O.., dos alumnos de novo ingreso no Instituto. 
  •  Proporcionar ao alumnado de primaria, información sobre a preadolescencia, desenvolvemento evolutivo, emocional e social
  • Facilitar o proceso de transición de etapa para que se desenvolva do xeito máis positivo cun enfoque de positivo de convivencia 
 Coas familias:
  • Informar a as familias sobre a estrutura do Sistema Educativo e sobre a nova etapa. 
  • Informar ás familias sobre a preadolescencia e o desenvolvemento evolutivo, emocional e social dos seus fillos /a
  • Favorecer a continuidade en as relacións familia - centro educativo nesta nova etapa. 
  • Facilitar
  • Facilitar o proceso de transición de etapa para que se desenvolva do xeito máis positivo cun enfoque de positivo de convivencia 

 Novas actividades

No presente curso escolar, levamos a cabo unha serie de melloras no noso plan de transición á E.S.O..: a comunicación intercentros, entre o alumnado de 6º de Ed. Primaria e o alumnado de 1º da E.S.O. do  I.E.S. Pedro Floriani .

Grazas ao do Dpto. de Orientación do seu centro, e da titoría de 1º da E.S.O. en colaboración coa aula de 6º e a súa titora María José en colaboración coa Xefa do D.O., Elena, comezamos este proceso. 

No 1º trimestre, elaboramos unha carta que lle enviamos ao coxunto de alumnado de 1º da E.S.O.. Nesta os nosos alumnos, Nerea, Laura, Xoel, Yoel, Hugo, Nayara, Ismael e Martina, explicaban algunhas das súas principais características así coma as actividades e proxectos que neste ano desenvolvemos no noso colexio.

Pouco despois, os compañeiros/as do I.E.S. enviaron un mural, no que expresaban a súa experiencia e vivencias no insituto nos seus primeiros meses.


Xa neste 2º trimestre, a comunicación foi moito máis persoal, e cada un dos alumnos de 6º escribiron unha carta na que realizaban unha descripción física, características da súa personalidade, gustos e preferenzas e inquedanzas con respecto ao paso á E.S.O..

O pasado venres, 20 de abril, recibimos a resposta personalizada do alumnado do instituto, con moita emoción. 
 As cartas trouxeronnas a Directora e o Xefe de Estudos do I..E.S. que este ano, por primeira vez, viñeron a presentar a súa oferta educativa e a súa organización pedagóxica aos nosos alumnos/as.


                       PLAN TRANSICIÓN AO I.E.S. PEDRO FLORIANI



Os nosos e as nosas alumnos/as están vivindo este proceso con moita emoción... cada día teñen máis ganas de que chegue setembro!


Obradoiro de Disciplina positiva (Sesión 2)

Segunda sesión: Entendendo o porqué da mala conducta


Este martes, realizamos a segunda sesión de Disciplina positiva para familia no noso centro.

Os principais temas que tratamos, foron os seguintes: 

1. Pensamentos positivos sobre a miña persoa e fortalezas dos nenos e nenas 


2. Conceptos Adlerianos básicos: Principios da Disciplina positiva




3. A autoestima. Diferenza entre Eloxiar e Alentar

4. Coñecer como senten e pensan os nenos. Coidar unha planta

 5. Os nenos actúan mellor cando senten mellor 

 6. Nova forma de entender a mala conduta





  7. Introducción ao concepto de metas equivocadas 






Podedes consultar unha presentación sobre a Disciplina positiva, premendo aqui

domingo, 22 de abril de 2018

A riqueza da diversidade

A RIQUEZA DA DIVERSIDADE  


Seguindo coas reflexións sobre a diversidade nas aulas, o xornal "El país" achega un interesante artigo acerca da riqueza que aporta a diversidade de capacidades na educación formal.
As veces, parece complexo, enfocar unha educación para todos/as, para os máis capaces nas matemáticas, para os mellores a nivel cinético, para os grandes artistas, para os grandes pensantes,... para os rápidos, para os lentos, ... pero esta grande heteroxeneidade das nosas aulas... é a esencia para construir unha escola diversa, diferente, na que todos/as temos cabida, na que todos aportamos, na que os valores se vivencian diariamente e na que os nenos e nenas comprenden cada día máis a riqueza da diferenzas entre nós, e fai que cada día sexan máis tolerantes e empatícos.





                                                              Resultado de imaxes para diversidad dibujo





Para acceder ao artigo completo podedes premer: aquí

viernes, 20 de abril de 2018

Síntome: Calma en 1º de Ed. Primaria


Síntome

Begoña Ibarrola  explica que a intelixencia emocional implica “recoñecer o que senten, saber expresalo de forma adecuada, saber o que senten os demais, asumir as responsabilidades de cada momento, saber tomar decisións”. 
Falar de emocións, de como estas afectan o noso corpo é o obxectivo da serie Síntome, na que participa o alumnado de 1º e 2º de Ed. Primaria, grazas a súas profes Natalia e Loli, en colaboración con Elena, Xefa do D.O..

O que din os nenos e nenas está baseado unicamente na compresión neurocientífica, que xa a estas idades, teñen sobre as emocións. 

Marabillosas reflexións!!!



Mediación: Primeira fase: A observación do conflito real


Primeira fase: A observación do conflito real

Tras  asinar o acordo de cofidencialidade, os nosos mediadores e mediadoras iniciaron o primeiro proceso da súa fase de prácticas, a observación diaria durante o recreo das situacións conflitivas que se dan entre os seus compañeiros e compañeiras.

Para iso, sairon co seu chaleco reflectante e o seu Diario do mediador/a, e tomaron nota de todo o que sucedeu no patio.

Noraboa a todos e a todas os mediadores pola grande responsabilidade, colaboración e disposición que tendes para axudar a construir unha escola chea de paz e boa convivencia.


Continuará....




A Neurodidáctica: Interconexións neuronais de 5º de Ed. Primaria


 INTERCONEXIÓNS NEURONAIS



A Neurodidáctica é unha rama da pedagoxía baseada nas neurociencias, que outorga unha nova orientación á educación.
 É a unión das ciencias cognitivas e as neurociencias coa educación, que ten como obxectivo deseñar estratexias didácticas e metodolóxicas máis eficientes, que non só aseguren un marco teórico e filosófico, senón que promovan un maior desenvolvemento cerebral, (maior aprendizaxe) en termos que os educadores poidan interpretar. 
O obxectivo da Neurodidáctica é, outorgar respostas á diversidade do alumnado, desde a educación, desde a aula, é dicir desde un sistema inclusivo, creando sinapsis, enriquecendo o número de conexións neurales, a súa calidade e capacidades funcionais, mediante interaccións, desde idades moi temperás e durante toda a vida, que determinen o cableado neuronal e promovan a maior cantidade de interconexións do cerebro (Fonte: Nela Paniagua N.).


 Na aula de 5º de Ed. Primaria, realizamos una experiencia científica, a creación da rede neuronal da nosa aula. Baseándonos na Neurodidáctica, a través de esta tarefa creamos sinapsis, millóns de interconexións nos nosos cerebros e entre os nosos cerebros, a través da interacción, a colaboración, o compartir ideas, a creatividade e a cooperación.

 Unha rede neuronal invisible e unha rede neuronal visible a través da nosa creación plástica, as que día a día enriquecemos e nos enriquecemos máis.




Neste link poderedes consultar, un blog referente de divulgación da Neurodidáctica, no que de xeito científico  fundamenta a teoría de que para aprender é necesario interactuar cos contidos:

Escuela con cerebro

E este é o resultado final...

Mindfulness en 2º: Miramos con respeto



MIRAMOS CON RESPETO



Nesta sesión de Mindfulness,  aprendemos a dar masaxes conscientes e a mirarnos con respeto, sen xulgar. Os nenos colocáronse por parellas e déronse masaxes de animais: o oso, cos puños pechados dando pasos fortes, o mapache co seu frondosa cola rozaba as costas, o topo tentábase esconder facendo círculos cos puños, o coello daba pasiños pequeniños cos dedos e o raposo e o cervo, andaban con tres dedos.

Para concluír a sesión, os nenos sentaronse por parellas uno fronte ao outro, pecharon os ollos e tras realizar tres respiracións profundas os abriron contemplando ao compañeiro/a. 
   
O obxectivo é ser capaces de mirar ao neno ou nena  que tiñan enfronte sen xulgar, sentindo a conexión entre ambos.



Compartimos con vos esta bonita experiencia.




Iogamos xuntos: Os profes de 4º de Ed. Infantil

IOGAMOS XUNTOS

O ioga é unha actividade que favorece o equilibrio e a harmonia emocional e que constitúe un recurso da Intelixencia emocional.

Xunto coa práctica do Mindfulness por parte do alumnado de 1º e 2º de Ed. Primaria, os nenos e nenas de 4º de Ed. Infantil, realizaron semanalmente sesións de Ioga para nenos/as dirixidos pola súa profe Diana.

Son numerosos os estudios que sinalan os beneficios que ten o ioga tanto para o desenvolvemento emocional, persoal, social, físico así coma para favorecer a aprendizaxe dos nenos e nenas dende idades temperás.

O ioga axuda a reafirmar a súa autoestima, a aprender a relaxarse e concentrarse máis, a manter unha actitude positiva ante a vida, a tomar conciencia sobre o seu propio corpo, estimula a creatividade, fomenta os valores de amizade e cooperación, crea ambientes cheos de paz e amor idóneos para construir unha escola aberta á diversidade.

Os nenos e nenas de 4º de Ed. Infantil, convertéronse en profes de Ioga e compartiron toda a súa sabedoría cos nenos e nenas de 1º de Ed. Primaria. Foi unha  gran experiencia de cooperación e de compartir emocións e sentimentos.

Grazas nenos e nenas de 4º de Ed. Infantil 

e a súa profe Diana por contribuir 

a construir unha escola chea de ledicia, agarimo e paz.



                                              

Podedes practiar Ioga nas vosas casas, e para iniciar deixámosvos o enlace da canción que nos ensinaron os nenos e nenas de 4º de Ed. Infantil:Saludo al sol cantado - Minipadmini

Ladridos que ensinan: A experiencia Ed. Infantil e 1º e 2º de Ed. Primaria

Terapia asistida con animais no noso cole

En estos vídeos, podedes ver a experiencia do alumnado de Ed. Infantil e 1º e 2º de Ed. Primaria


 

 




Xestionando as nosas emocións: O Monstruo de cores (5º e 6º de Ed. Infantil)



               AXUDANDO AO MONSTRUO DE CORES

O Monstro de Cores, voltou a vistar aos nenos e nenas de 5º e 6º de Ed. Infatil da aula da profe Susana e do profe Jose.

Inda non sabe que lle pasa, voltouse a facer  un lío coas emocións e agora tócalle desfacer o envurullo, e para iso precisa da axuda dos nenos e nenas, que a través do xogos, conseguimos desliar ao noso gran amigo!! Canto o botabamos de menos!!!


                                             Aula de 6º de Ed. Infantil



                      
                                         Aula 5º de Ed. Infantil


Se queredes desfrutar na vosa da casa dos xogos tan divertidos que nos trouxo o Monstruo de cores, podedes visitar o seguinte enlace: Mundo de Rukkia e O Monstruo de cores


Ladridos que ensinan: A sorpresa de Abril


A sorpresa de Abril

Hoxe recibimos no noso cole unha visita moi especial. David, un profesor do centro de AMENCER/ASPACE de Pontevedra e a súa cadeliña Abril, quen trouxeron unha misteriosa caixa para os nenos e nenas de 3º de Ed. Primaria. 

Esta sopresa, é a primeira toma de contacto con Abril, quen dirixida por David,  leva a cabo sesións de terapia asistida con animais cos nenos e nenas do seu centro de AMENCER/ASPACE.

No seu centro, levan a cabo un proxecto denominado "Inclusión a la inversa". Tal e como recollen na súa páxina web: "Co Proxecto de "Inclusión á inversa"  promóvese a presenza, aprendizaxe e participación de todos os alumnos en actividades inclusivas de aprendizaxe deseñadas para os alumnos con necesidades de apoio educativo que tamén son apropiadas para o conxunto do alumnado, nas que o lecer e a diversión xogan un papel fundamental ao redor do cal xorden outros valores , entre eles, a convivencia entre nenos/ as de distintas realidades educativas aínda que todas elas lexitimadas para dar calidade á educación respondendo a individualidade". Para saber máis premede no seguinte enlace: Inclusión á inversa - AMENCER/ASPACE.
 
 
Esta experiencia, dañe continuidade a actividade realizada con Barack e Kely, e continuará a vindeira semana, na que abriremos a caixa sorpresa...

David e Abril coma xa nos demostraron son coma a súa caixa de sopresas... que terán preparado para cando os visitemos?.... tócanos esperar ata o vindeiro venres 27 de abril....


                                SORPRESA, SORPRESA!!!

                                        


Síntome: Tranquilidade e Mindfulness









Calma, paz e tranquilidade


"Liberar ao cerebro de todas as preocupacións, pensar no máis importante" son as verbas dunha alumna de 2º de Ed. Primaria que toma conciencia emocional dos seus pensamentos, sentimentos e respostas psicofisiolóxicas para definir a emoción da calma.

Exercitar o noso cerebro pensante e saber poñerlle palabras e expresión ás nosas emocións axúdanos a desenvolvernos e a relacionarnos con maior competencia no mundo que nos rodea.

Seguindo coas curtametraxes da serie Síntome, o vídeo móstranos que traducir as nosas emocións a palabras é unha parte vital da súa comprensión dado que as palabras conéctanse cos sentimentos e as respostas que xeran.




Síntome: A espiral do enfado



A espiral do enfado


"Inxustiza, grítanme sen sentido, síntome mal, sei que por dentro estou inquieto, nervioso, algo por dentro non para de moverse, o meu corazón latexa moito..." estas son algunhas das reflexións dos nenos e  nenas da aula de 2º de Ed. Primaria que, coas súas doces verbas, explican  como se sinten cando están enfadados.

Síntome é un proxecto que nace no noso cole grazas ás profes  Natalia e Loli de 1º  e 2º de Ed. Primaria coa colaboración de Elena, a Xefa do D.O..

Trátase de parte das diferentes experiencias incluídas neste marabilloso vídeo, que reflicte as sensacións dos nenos e nenas que están a aprendendo a identificar e a xestionar as súas emocións.

Esta curtametraxe está baseada na experiencia dos pequenos/nas e na súa comprensión neuro-lingüística das emocións máis complexas,... é realmente emocionante!.



Podedes atopar máis experiencias similares, que serviron de inspiración para iniciar a serie de curtametraxes Síntome. Premede no seguinte enlace: Sólo respira

As nosas Intelixencias múltiples de 4°: Gran sorpresa!!


A “I” de Inclusión e de Intelixencias múltiples

 

A aula de 4º de Ed. Primaria... gañadores da fase provincial do 34 concurso da ONCE

  “Reinventemos juntos una escuela para tod@s”. 


O grupo de 4º de Educación Primaria descubriu a Teoría das Intelixencias múltiples de H. Gardner.

Entre todos e todas creamos un cerebro máxico, que grazas á combinación dos 8 tipos de intelixencias é quen de valorar a súa diversidade e mellorar a súas competencias e habilidades para enfrontar os retos do seu día a día.

Compartimos coas persoas invidentes, nun mesmo espazo, os dous dos sistemas  de comunicación escrita, o Braille e  o que nós utilizamos, dentro dun campo accesíbel de completa relación e interconexión. 

Chegamos así á construción dunha escola inclusiva aberta á diversidade  que é o obxectivo e meta do noso centro, que cada día da un paso máis para facer este soño  realidade.

Podedes acceder á web a través do seguinte enlace: Gañadores provinciais 34 concurso ONCE
 


NORABOA A TODOS E A TODAS!!!