jueves, 24 de mayo de 2018

Iogamos xuntos: Ioga cos nenos de 6º de Ed. Infantil

 Iogamos xuntos cos nenos de 4º e 6º de Ed. Infantil



Os nenos e nenas de 5 anos comezaron este curso tamén a practicar Ioga e a coñecer o Mindfulness a través de distintos exercicios e xogos, coa profe Lores.

O primeiro que aprenderon foi o chamado “Saúdo ao sol” práctica base do ioga, para despois pasar a coñecer as diversas asanas (posturas que actúan sobre o corpo e a mente) como son: a árbore, o gato, a bolboreta... Posteriormente practicaron diversos tipos de respiración pasando, por último, á iniciación ao mindfulness (ou tamén chamado atención plena).

Toda esta práctica ten uns beneficiosos efectos en todos os aspectos das súas vidas, xa que dota a nenos e nenas de distintas ferramentas válidas non só para solucionar dificultades, senón para levar unha vida mais feliz e plena.






Grazas nenos e nenas de 4º e 6º de Ed. Infantil 

e a súa profes Lores, Diana e Susana por

crear momentos cheos de ledicia, agarimo e paz.

No hay comentarios:

Publicar un comentario