jueves, 24 de mayo de 2018

Plan de transición: Visita ao IES Floriani

Visita ao I.E.S. Floriani

O venres, 18 de maio o alumnado de 6º de Ed. Primaria e a súa titora María José recibiron a invitación formal para a próxima visita ao I.E.S. Floriani, e este martes, día 22 realizaron a visita acompañados tamén pola orientadora Elena.

Esta visita estivo chea de sorpresas... os nenos e nenas do noso cole foron recibidos polos alumnos/as cos que se cartearon durante o curso... e que a partir de agora serán compañeiros/as de referencia para que o proceso de integración cara a E.S.O. sexa moito máis doado. Así mesmo, atopáronse co alumnado do CEIP Santo Paio de Abaixo, cos que tamén compartirán aula o vindeiro curso.

As actividades que realizaron foron as seguintes:
  • Recepción por parte do equipo directivo e Dpto. de orientación
  • Visita guiada polo alumnado por todas as instalacións do centro
  • Merenda
 Por último, recoñemos un collage da experiencia:

No hay comentarios:

Publicar un comentario