jueves, 28 de diciembre de 2017

A nosa riqueza, as nosas intelixencias múltiples (2)


 AS NOSAS INTELIXENCIAS MÚLTIPLES


Na aula de 4º de Ed. Primaria, coñececimos a teoría das Intelixencias Múltiples de H. Gardner.

Partimos da súa teoría para coñecer a diversidade da nosa aula e creamos entre todos a nosa roda das Intelixencias Múltiples e un caderno persoal co noso gráfico e coa intelixencia que máis destaca en cada un de nós. 

Foi unha experiencia moi enriquecedora que compartimos con todos os nenos e nenas do cole realizando unha actividade nas aulas para dar a coñecer a todos os nenos e nenas que a diversidade tamén está na nosa Intelixencia.






Reflexionado sobre a diversidade


 A NOSA DIVERSIDADE, O NOSO VALOR


A primeira fase do noso proxecto,  tivo coma obxectivo reflexionar de xeito conxunto sobre a diversidade do ser humano, e tiña os seguintes obxectivos, principios e valores:


·         - Valorar a importancia da persoa por sí mesma

·         - Aceptarme como son

·        -  Aceptar aos demais como son

·        -  Aprender dende a diferenza a sacar as virtudes de cada neno/a

·         - As diferenzas enriquecen a  todos

·         - Respectar as diferenzas  individuais


Para iniciar este proceso de reflexión, utilizamos dúas curtametraxes, que vos invitamos a ver a a partir do seguintes enlances (premede no vídeo e na palabra "Cuerdas"):


Ed. Infantil, 1º e 2º de Ed. Primaria: For the birds



Ed. Primaria: 3º, 4º, 5º e 6º


 


As diferentes aulas, realizaron esta reflexión, e aportaron estas ideas tan INTERESANTES:


Todos os nenos/as son distintos
  
               Somos todos diferentes pero non nos pelexamos por iso, somos amigos/as


 Non hai que chorar por ser diferentes

        
Non lle podemos facer sentir mal aos demais; Se nos fan sentir mal  dóenos o corazón


 Todos somos valiosos, todos somos únicos
                                                                           
                                                        Hai que ter bo corazón con tod@as as persoas



 Somos diferentes, pero sempre amig@s 


Os nenos e nenas de 6º reflexionaron sobre o concepto de "Normalidade" e elaboraron o seguinte cartel:







Sentíndome, Sentíndote: Descubrindo a Intelixencia e Educación Emocional no cole

Educando as emocións no cole
  
Os nenos e nenas de 3º e 5º do CEIP de Porto Cabeiro, no pasado curso 2016/2017, realizaron a segunda fase do proxecto Re-imaxinamos a escola, coñecendo as súas emocións básicas, a través do "Diario de las emociones" (Anna Llenas).

Responderon en conxunto á pregunta: ¿Pero... qué é unha emoción?. Entre todos, coas súas ideas, crearon a súa propia árbore das emocións.

As árbores das emocións de 3º e 5º





Cada un, debuxou a súa man nun folio e en cada dedo escribiu as 5 emocións básicas que aprenderon, alegría, tristeza, medo, calma e enfado, creando mans de diferentes tipo, xa que todos somos diferentes, diversos e especiais.

 Por último, entre os dous cursos, creamos unha gran árbore das emocións, que podedes ver a continuación. 






viernes, 15 de diciembre de 2017

Sentíndome, Sentíndote: Descubrindo a Intelixencia e Educación Emocional no cole


Educando as emocións no cole
  
A segunda fase do noso proxecto, é a fase da identificación das emocións, sendo a primeria fase da Intelixencia emocional, e para que teñades o exemplo  dunha experiencia práctica, os nenos e nenas do CEIP de Porto Cabeiro, no pasado curso 2016/2017, inciaron o proxecto Re-imaxinamos a escola, coñecendo as súas emocións básicas, grazas a un amigo moi especial que veu ao cole, O monstruo de cores.

Deixámosvos aquí unhas fotos para que poidades revivir cos vosos nenos e nenas de Ed. Infantil e 1° e 2° de Ed. Primaria ese momento tan especial, e así iniciar a vosa andaina na educación emocional en familia. 






Premede en cada link e aparecerán as fotos dos nenos e nenas de cada curso acompañados polo Monstruo de cores:

Os nenos e nenas de 3 anos

Os nenos e nenas de 4 anos

Os nenos e nenas de 5 anos 

Os nenos e nenas de 1º de Ed. Primaria

Os nenos e nenas de 2º de Ed. Primaria 

Podedes cosnsultar todos os libros da mesma autora Anna Llenas premendo o no seu nome.





Sentíndome, Sentíndote: Coñececendo a Intelixencia emocional

A intelixencia emocional

A intelixencia emocional, partindo do modelo de H. Gardner, está formada pola Intelixencia Intrapersoal e Interpersoal.





Así mesmo, para Goleman (1995), consiste en (Bisquerra, 2017):

1) Coñecer as propias emocións: ter conciencia das propias emocións; recoñecer un sentimento no momento que ocorre.

2) Manexar as propias emocións: a habilidad para expresar de formas apropiada as emocións, fundamentada na toma de conciencia das propias emocións.

3) Motivarse a sí mesmo: unha emocións tende a impulsa cara unha acción, por iso, emoción e motivación están intimamente interrelacionadas. Para aprender, polo tanto, é importante automotivarse e para iso é necesario,  emocionarse coa aprendizaxe.

4) Recoñecer as emocións dos demáis: Un don de xentes fundamental é a empatía, a cal se basea no coñecemento das propias emocións.

5) Establecer relacións: A arte de establecer boas relacións cos demáis é , en grande medida, a habilidade de manexar as emocións dos demáis. A competencia social e as habilidades que conleva, son a base do liderazgo, a popularidade e a eficencia interpersoal.






 Aquí tendes un artigo respecto da importancia de educar as emocións dende os primeiros días:

Como educar as emocións



 

Sentíndome, Sentídote: A Intelixencia emocional

A intelixencia emocional

 Neste video, podedes coñecer que é a intelixencia emocional, coma base da educación dos nosos nenos e nenas:





A nosa riqueza, as nosas intelixencias múltiples

No noso proxecto, seguindo a definición de Intelixencia proposta por Gardner (1983 -2007) temos coma obxectivo a resolución de problemas relacionadas coa concepción da diversidade no contorno do noso centro e a creación de produtos valorados no contorno onde nos desenvolvemos, que é a escola.

Os principios dos que nos facemos eco son os relacionados coas Intelixencias múltiples:

  • É unha teoría do funcionamento cognitivo
  • Cada persoa ten capacidades nas oito intelixencias
  • Cada unha funciona dunha maneira particular en cada persoa
  • As persoas poden desenvolver cada intelixencia ata un nivel axeitado de competencia
  • Todas as persoas teñen virtualmente a capacidade de desenvolvr as oito intelixencias ata un nivel alto de desempeño
  • As intelixencias polo xeral, traballan xuntas de maneira complexa
  • As intelixencias interactúan entre sí
  • Hai millóns de maneiras de ser intelixente dentro de cada categoría
  • Non hai un conxunto estándar de características que unha persoa debe posuír para ser considerado intelixente nunha área específica  
A teoría das intelixencias múltiples, destaca a diversidade das formas na que a persoa mostra as súas destrezas dentro de cada intelixencia, así como entre as intelixencias. 






Convidámosvos a saber máis, premede nos seguintes links:

H. Gardner e as 8 intelixencias  

H. Gardner e a súa teoría das Intelixencias Múltiples 


No seguinte link, tender unha breve explicación sobre cada unha de elas:

Coñece as 8 intelixencias múltiples









O noso plan de acción para imaxinar unha nova escola


O noso Plan de acción 

Dividimos o noso plan de acción en 5 fases, segundo o "Modelo de sensibilización" proposto pola Guía para a sensibilización (CREENA), nas que realizaremos diferentes actividades, que poderedes ver no noso blog.




Para desenrolar este novo plantexamento, precisamos:

Este novo plantexamento parte do obxectivo: sensibilizar para a a inclusión,  plantexado na Guía para a sensibilización: Sensibilizando para la inclusión educativa (CREENA), que podedes consultar no seguinte enlace: Guia para a sensibilizacion CREENA

viernes, 27 de octubre de 2017

Re- imaxinamos a escola: abrimos a escola á diversidade


O Proxecto “Re-imaxinamos a escola: abrimos a escola á diversidade” está destinado a sensibilizar á comunidade educativa respecto da diversidade do ser humano.

Non se trata de diferenciar, clasificar ou etiquetar, senón de valorar, apreciar, recoñecer, consiste en valorar ao neno e nena, e así que se manteña único, tal como naceu. Nin igual. Nin diferente, senón único. Respectado e respectando como quere ver e gozar do mundo no que vive.

O obxectivo principal é transmitir a idea de que o importante non é ser iguais ou diferente, senón que o importante é facer entre todos e todas un bo equipo.

Entender que a diversidade enriquece as nosas aulas, o noso centro e sobretodo as nosas vidas.
Este proxecto nace en febreiro de 2017 e  forma parte da visión inclusiva da escola que construímos día a día,  todo o equipo docente do CEIP de Porto Cabeiro (Redondela) sendo dirixido pola Xefa do Dpto. de Orientación Elena Fernández Serrano.