lunes, 28 de mayo de 2018

Programa de estimulación cognitiva das funcións executivas





Programa de estimulación cognitiva –  Funcións executivas
 

Este trimestre dende o Dpto. de Orientación levamos a cabo, na aula de Pedagoxía Terapéutica, e nas aulas de Ed. Primaria a un programa de estimulación das funcións executivas.


As funcións executivas son capacidades que permiten canalizar a información, planificar, tomar decisións e controlar as emocións. Entre elas se poderían  destacar: o autocontrol ou a inhibición, a flexibilidade cognitiva e a memoria a corto prazo, esenciais para un bo desenvolvemento cognitivo. 

Os xogos de mesa requiren que os xogadores sigan instrucións, tomen quendas e planeen estratexias; tres habilidades do funcionamento executivo que poden ser estimuladas a través do mesmo.

É por isto, que o xogo é unha ferramenta moi útil para o entrenamento das funcións executivas que pode ser de gran axuda  para  a mellora do proceso de aprendizaxe dos nenos e nenas.
 



 No seguinte enlace podedes consultar máis xogos e actividades para estimular as funcións executivas en Ed. Primaria: Estimulación funcións executivas

No hay comentarios:

Publicar un comentario