jueves, 17 de mayo de 2018

Mindfulness en 2º: O botón de pausa


O botón de pausa


 Nesta sesión aprendemos a utilizar o noso botón de pausa... e é que algúns nenos e nenas non sabían que o tiñan!!

Coa axuda de Roqui, realizamos unha pequena reflexión:

Algunha vez sentíchesche nervioso que parece que o teu corpo fóra a explotar?
Sentiches que che falta aire e que a túa respiración é demasido rápida?  
Por que deixamos que o noso corpo chegue ata ese estado?

Aprendemos que todos o temos e podemos usalo sempre que o necesitemos e podemos axudar aos demáis a utilizalo cando estén moi nerviosos ou cando non son quen de prestar atención.

 É unha ferramenta marabillosa para volver a unha estado de calma e tranquilidade.

Aprender a relaxarse é unha tarefa pendente para tod@s. Recoñecer que situacións nos extresan e buscar un tempo para nosotr@ s, é realmente aliviador. Un tempo para sentirnos e saber que necesitamos. 

No blogue:

Dan unhas instruccións para poder utilizar o noso botón de pausa en calquer momento e lugar:

 1. Para un momento, túmbate ou séntate coa cabeza relaxada uns minutos. Pecha os ollos e escoita o silencio. 
2. Conecta co teu corpo e observa como che atopas nese momento. Non tes porque cambiar o que sentes só descubrir como estas en ese momento. Non se trata de se o que sentes é bo ou non. Trátase de prestar atención a como estas agora mesmo cunha atención amable.
3. Leva a túa atención á respiración. Quizais notes que a túa respiración é profunda e relaxada ou quizais é intranquila e curta...Sen que che pareza ben ou mal, segues o ritmo da respiración
4. Leva atención a todos os lugares do corpo nos que poidas sentir algo, Lugares que desbasten, lugares de calma, lugares con tensión e a todos os lugares que sintas que están ben.  
5.Desperézate estirando ben para continuar con aquilo que querías facer 
6. Suspira, tomando alento para poder continuar con máis claridade.


Podedes escoitar esta sesión do libro "Tranquilos y atentos como una rana" no seguinte enlace:

O Botón de pausa





No hay comentarios:

Publicar un comentario