lunes, 14 de mayo de 2018

Obradoiro de Disciplina positiva (Sesión 3)

Terceira sesión: Os diferentes estilos educativos para a xestión dos conflitos na casa

Este martes 24 de abril, realizamos a terceira sesión de Disciplina positiva para familia no noso centro.

Os temas que tratamos estiveron enfocados as diferentes prespectivas á hora de resolver os diferentes conflitos do día a día na convivencia:

1. Sr. Castigo, o enfoque da Disciplina, na que os adultos utilizan ameazas, prohibicións, e as consecuencias do castigo son as seguintes:

Podedes ver máis no seguinte enlace: As 4 R do Castigo (Jane Nelsen)

2. Consecuencias lóxicas e Consecuencias Naturais

Definición de consecuencia natural: aquelas que se derivan espontaneamente de certas condutas (se un neno non quere comer, logo terá fame) e non requiren intervención dos pais. 

Definición de consecuencias lóxicas que os pais propoñen, non como castigo, senón como alternativa. Por exemplo: “Vou limpar a túa habitación. Non poderei facelo si están os xoguetes e a roupa polo chan, así que os meterei en bolsas e gardareinos no rocho, se ti decides non recollelos”.

Para poder entender o enfoque das consecuencias á hora de educar dende a Disciplina positiva, podedes ver o seguinte vídeo:

Consecuencias lóxicas consecuencias naturais


Para distinguir entre castigo e o enfoque en consecuencias lóxicas e naturais, podedes consultar o seguinte enlace: Método das consecuencias lóxicas e naturais

3. Sr./Sra. premio e Enfoque en solucións 


O enfoque en premios ofrece sobornos e premios se a conducta cambia.

E, por último,  dende a Disciplina positiva, para resolver as situacións conflitivas na vida diaria propoñen o Enfoque en solucións





No hay comentarios:

Publicar un comentario