jueves, 31 de mayo de 2018

Mindfulness: Os 3º profes e a despedida

Mindfulness: Os 3º profes e a despedida!

Este mes continuamos coa nosa grande aventura, Tutifruti confiou en nós, e levamos a cabo a 3º sesión de profes de Mindfulness. 

Continuamos compartindo todo o que sabemos cos nosos compañeiros/as de 3 anos...

A nosa última proposta foi a seguinte: 
  •  Camiñar consciente
  • Masaxes de animais, a toupa, o mapache, o oso e o coello os amigos de Tutifruti

Os terceiros profes foron Melanie, Alexia, Jaime, Yanira, Lucas, Laura e Xoel.

NORABOA A TODOS/AS!!!!


Moitas grazas nenos e nenas de 4º de Ed. Infantil 

e a súa profe Diana 

Moitas grazas nenos e nenas de 1º de Ed. Primaria

e a súa profe Natalia

por contribuir 

a construir unha escola inclusiva onde compartimos coñecemento, emocións, chea de tranquilidade, amor e felicidade e por suposto... de MINDFULNESS!


Mindfulness en 2º: A despedida mindfulness

O fin da nosa viaxe

Tras moitos meses coñecendo achegándonos ao Mindfulness, chegou o momento de despedir a Roqui, a nosa grande amiga e compañeira que tanto nos axudou.

Deixounos esta carta, para que nunca a esquezamos e utilizemos todos os trucos Mindfulness cando precisemos controlar as nosas emocións ou ben cando precisemos atoparnos con nós mesmos/as.





Para rematar, elaboramos un frasco da calma, que axuda a relaxarse aos nenos e nenas, ...mirade que bonitos quedaron!!! Agora, a tranquilidade vai inhundar as nosas vidas!!




Se queredes facelo na vosa casa asi coma consultar os beneficios que aporta podedes consultar  seguinte páxina web: Frasco da calma


Moitas grazas Roqui por axudarnos e ensinarnos tanto, botarémosche moito de menos!!!!.

 Moitas grazas a profe Loli, por convidar a Roqui a túa aula, por cuidar con tanto agarimo e respeto de ela e do seu bebé!!. 



Ladridos que ensinan: "Educando con Malibú"

“Educando con Malibú”


  
 Malibú,  unha cadeliña abandonada nunha protectora de animais acompañada pola súa dona Adriana, asistiron ao centro para ensinarlles aos nenos e nenas a ser máis responsables, máis solidarios e a ter unha maior sensibilidade e respecto cara os animais. 

O obxectivo do proxecto "Educando con Malibú, nengún can sen fogar" é a tenencia responsable de animais e é levada a cabo pola Casa grande de Xanceda co proxecto de compromiso social coorporativo.




Esta foi a exeperiencia no noso cole!!



Para saber sobre este proxecto, premede no seguinte enlace: 
Educando con Malibú


MOITAS GRAZAS A MALIBÚ E ADRIANA POR ENSINARNOS A RESPETAR E COIDAR ÁS NOSAS MASCOTAS!!

martes, 29 de mayo de 2018

As nosas letras galegas inclusivas

 As nosas letras galegas inclusivas

Este ano, para celebrar a semana das letras galegas adicadas a María Victoria Moreno, realizamos actividades utilizando Sistemas Aumentativos e Alternativos de Comunicación (SAAC).

Segundo sinalan ARASAAC,  son formas de expresión distintas á linguaxe falada, que teñen como obxectivo aumentar (aumentativos) e/ou compensar (alternativos) as dificultades de comunicación e linguaxe de moitas persoas con discapacidade.

 A comunicación e a linguaxe son esenciais para todo ser humano, para relacionarse cos demais, para aprender, para gozar e para participar na sociedade e hoxe en día, grazas a estes sistemas, non deben verse freados por mor das dificultades na linguaxe oral. 

 Entre as causas que poden facer necesario o uso dun SAAC atopamos a parálise cerebral (PC), a discapacidade intelectual, os trastornos do espectro autista (TEA), as enfermidades neurológicas tales como a esclerose lateral amiotrófica (ELA), a esclerose múltiple (EM) ou o párkinson, as distrofias musculares, os traumatismos cranio- encefálicos, as afasias ou as pluridiscapacidades de tipoloxías diversas, entre moitas outras. 

Estas son as actividades realizadas polo equipo docente en colaboración con Equipo Dinamización da Lingua Galega, sendo os obxectivo o de resolver misterios utilizando Braille e PECs.

Ladridos que ensinan: "A nosa sorpresa: A caixa multisensorial"

A NOSA SORPRESA

Tras a gran experiencia no cole de AMENCER - ASPACE decidimos agora nós, darlle unha gran sorpresa aos nenos e nenas así coma a David e a Abril.

A nosa sorpresa foi uns debuxos e unha caixa multisensorial elaborada entre todos/as nós coa axuda da profes Loli, Ana, Elena, así coma de María e Maribel.

Estos son algunha mostra dos debuxos que fixemos...



A caixa multisensorial
 
Entre todos os nenos e nenas realizamos unha caixa multisesonrial. 
 
O obxectivo principal da caixa é a estimulación multisensorial,  a cal mellora as condicións de vida das persoas con discapacidade, traballa as sensacións, a percepción e o sensorial que son capacidades básicas do ser humano. 
 
Búscase así mellorar a asimilación da información sensorial que se lles ofrece optimizando a súa relación coa contorna e as súas aprendizaxes. 
 
Nun ambiente con estímulos controlados, trabállanse as sensacións tendo, o neno, a liberdade para explorar, descubrir e gozar de diversas experiencias sensoriais.
 
Dentro do traballo de estimulación multisensorial, os obxectivos que se expoñen son:
 - Partindo das necesidades humanas máis básicas, promover a interacción, o desenvolvemento e a comunicación. 
- Favorecer a situación persoal e social do neno con discapacidade mellorando e desenvolvendo as condicións psíquicas e físicas. 
- Desenvolver e iniciar estratexias de comunicación e insistir nas capacidades sensorio- perceptivas axustadas ás posibilidades de cada neno. 
- Optimizar o seu benestar e calidade de vida.
 
A nosa caixa estaba formada por:
  • Libro multisensoral, As cores do arco da vella, con diferentes páxinas de diferentes cores, nas que no lado esquerdo aparece unha frase que relaciona a cor coa froita, coma por exemplo: "Son laranxa coma una mandarina" e ao lado dereito unha lámina con diferentes texturas (estimulación auditiva, visual e táctil)
  • Botellas sensoriais con diferentes colorantes para agua, purpurina, ... e con cores cálidos (sol) e fríos (lúa) (estimulación auditiva, visual e táctil)
  • Lupas con diferentes filtros de cores (estimulación visual)
  • Cometa de man ou cometa Waldorf con cascabeis (estimulación auditiva, visual e táctil)
  • Pao de chuvia (estimulación auditiva, visual e táctil)
 

E por último fixemos a entrega da nosa sopresa a David e Abril... foi moi emocionante a súa visita!!!!  



GRAN PREMIADA!! Mediadores/as e nenos de 3º e 4º


GRAN PREMIADA


O día 25 de maio celebrouse no noso cole a gran PREMIADA unha xornada adicada a valorar a contrubución dos nenos e nenas do noso cole para construir unha escola inclusiva chea de respeto, empatía, paz, ledicia, convivencia pacífica... e moito moito amor.


Os premios foron para....OS MEDIADORES E MEDIADORAS!!!

Diego, Lara, Axel, Adriana, Izan, Rebeca, Alejo, Ángela, Elisa, Shakira, Laura, Martina, Nerea, Xiana, Thais, Rocío e Tamara, que son nada máis e nada menos que os os nosos mediadores e mediadoras que saen valentes ao patio para axudarnos a resolver os conflitos que se dan no día a día….

Entregámoslle a medalla de Gran mediador/a, polo seu compromiso, a súa responsabilidade, colaboración, motivación para axudar aos demáis, a súa alegría e porque grazas a eles cada día camiñamos cara construir unha escola chea de paz e boa convivencia.

Un forte aplauso para eles!!




 Os premios tamén foron para... os nenos e nenas de 3º e 4º!!!


Os nenos e nenas de  3º e 4º reinventaron xuntos unha escola para todos/as, e vos preguntaredes como fixeron isto? Pois vouvos contar as súas historias…

Os nenos de 3º sopraron e crearon un frasco que encheuse de cores. Vermello de amor e compresión, verde de palabras bonitas e axuda, azul de xogos e xoguetes, amarelo de música e alegría. Así eles, crean cada día momentos de felicidade para encher de brillantes cores e máxicas emocións as súas e as nosas vidas.

Os nenos de 4º crearon un cerebro máxico, que grazas a combinación dos 8 tipo de intelixencias é quen de valorar a diversidade e mellorar as súas competencias e habilidades para enfrontar os retos do día a día.


Noraboa aos premiados pola ONCE e Noraboa aos nenos de 3º por encher as nosas vidas de cor e felicidade!. 


 E así, pasiño a pasiño todos xuntos imos facendo o noso soño realidade, de converter o noso cole nun cole para todos e todas.