martes, 29 de mayo de 2018

Ladridos que ensinan: "A nosa sorpresa: A caixa multisensorial"

A NOSA SORPRESA

Tras a gran experiencia no cole de AMENCER - ASPACE decidimos agora nós, darlle unha gran sorpresa aos nenos e nenas así coma a David e a Abril.

A nosa sorpresa foi uns debuxos e unha caixa multisensorial elaborada entre todos/as nós coa axuda da profes Loli, Ana, Elena, así coma de María e Maribel.

Estos son algunha mostra dos debuxos que fixemos...



A caixa multisensorial
 
Entre todos os nenos e nenas realizamos unha caixa multisesonrial. 
 
O obxectivo principal da caixa é a estimulación multisensorial,  a cal mellora as condicións de vida das persoas con discapacidade, traballa as sensacións, a percepción e o sensorial que son capacidades básicas do ser humano. 
 
Búscase así mellorar a asimilación da información sensorial que se lles ofrece optimizando a súa relación coa contorna e as súas aprendizaxes. 
 
Nun ambiente con estímulos controlados, trabállanse as sensacións tendo, o neno, a liberdade para explorar, descubrir e gozar de diversas experiencias sensoriais.
 
Dentro do traballo de estimulación multisensorial, os obxectivos que se expoñen son:
 - Partindo das necesidades humanas máis básicas, promover a interacción, o desenvolvemento e a comunicación. 
- Favorecer a situación persoal e social do neno con discapacidade mellorando e desenvolvendo as condicións psíquicas e físicas. 
- Desenvolver e iniciar estratexias de comunicación e insistir nas capacidades sensorio- perceptivas axustadas ás posibilidades de cada neno. 
- Optimizar o seu benestar e calidade de vida.
 
A nosa caixa estaba formada por:
  • Libro multisensoral, As cores do arco da vella, con diferentes páxinas de diferentes cores, nas que no lado esquerdo aparece unha frase que relaciona a cor coa froita, coma por exemplo: "Son laranxa coma una mandarina" e ao lado dereito unha lámina con diferentes texturas (estimulación auditiva, visual e táctil)
  • Botellas sensoriais con diferentes colorantes para agua, purpurina, ... e con cores cálidos (sol) e fríos (lúa) (estimulación auditiva, visual e táctil)
  • Lupas con diferentes filtros de cores (estimulación visual)
  • Cometa de man ou cometa Waldorf con cascabeis (estimulación auditiva, visual e táctil)
  • Pao de chuvia (estimulación auditiva, visual e táctil)
 

E por último fixemos a entrega da nosa sopresa a David e Abril... foi moi emocionante a súa visita!!!!  



No hay comentarios:

Publicar un comentario