jueves, 10 de mayo de 2018

O reto da adolescencia dende o punto de vista dun neno/a


 O reto da adolescencia


 Parécenos que o tránsito da infancia á adolescencia é simplemente unha serie de cambios biolóxicos, deneurodesenvolvemento e psicolóxicos.

Pero a chegada da adolescencia pilla por sorpresa a moitos dos nenos e nenas, quen se atopan cun corpo maduro a nivel biolóxico e un cerebro tanto no seu aspecto cognitivo coma emocional inmaduro, ou ao revés,... todo o seu mundo infantil transfórmase e a incompresión da súa nova situación provoca neles un torbellino emocional difícil de controlar.

Para poder acercarnos a esta situación presentamos a historía de Lili, a cal é unha representación do que significa crecer, unha alegoría sobre a transición que enfronta un/ha neno/a cando chega á adolescencia e dáse conta de que as cousas cambiaron, talvez máis do que quixese.

 Desde o teito da súa casa, Lili négase a que a súa nenez termine… ela pelexa e pelexa contra unha tormenta de area que tenta arrebatarlle a súa infancia, pero non ten éxito na súa misión.

Invitámosvos a desfrutar de esta apaixoante film, para así axudarnos a recordar o que todos/as vivimos no pasado e mellorar a compresión da situación que están vivindo moitos nenos e nenas hoxe en día.

Premede no seguinte link:
Lili 


 Para saber máis sobre a curta premede no seguinte enlace: Artigo sobre Lili





No hay comentarios:

Publicar un comentario