Na aula de 4º de Ed. Primaria, coñececimos a teoría das Intelixencias Múltiples de H. Gardner.
Partimos da súa teoría para coñecer a diversidade da nosa aula e creamos entre todos a nosa roda das Intelixencias Múltiples e un caderno persoal co noso gráfico e coa intelixencia que máis destaca en cada un de nós.
Foi unha experiencia moi enriquecedora que compartimos con todos os nenos e nenas do cole realizando unha actividade nas aulas para dar a coñecer a todos os nenos e nenas que a diversidade tamén está na nosa Intelixencia.
A primeira fase do noso proxecto, tivo coma obxectivo reflexionar de xeito conxunto sobre a diversidade do ser humano, e tiña os seguintes obxectivos, principios e valores:
·- Valorar
a importancia da persoa por sí mesma
·- Aceptarme
como son
· -
Aceptar
aos demais como son
· -
Aprender
dende a diferenza a sacar as virtudes de cada neno/a
·
- As
diferenzas enriquecen atodos
·
- Respectar
as diferenzasindividuais
Para iniciar este proceso de reflexión, utilizamos dúas curtametraxes, que vos invitamos a ver a a partir do seguintes enlances (premede no vídeo e na palabra "Cuerdas"):
Ed. Infantil, 1º e 2º de Ed. Primaria: For the birds
Os nenos e nenas de 3º e 5º do CEIP
de Porto Cabeiro, no pasado curso 2016/2017, realizaron a segunda fase do proxecto
Re-imaxinamos a escola, coñecendo as súas emocións básicas, a través do "Diario de las emociones" (Anna Llenas).
Responderon en conxunto á pregunta: ¿Pero... qué é unha emoción?. Entre todos, coas súas ideas, crearon a súa propia árbore das emocións.
As árbores das emocións de 3º e 5º
Cada un, debuxou a súa man
nun folio e en cada dedo escribiu as 5 emocións básicas que aprenderon, alegría, tristeza, medo, calma e enfado, creando mans de diferentes tipo, xa que todos somos diferentes, diversos e especiais.
Por último, entre os dous cursos, creamos unha gran árbore das emocións, que podedes ver a continuación.
A segunda fase do noso proxecto, é a fase da identificación das emocións, sendo a primeria fase da Intelixencia emocional, e para que teñades o exemplo dunha experiencia práctica, os nenos e nenas do CEIP de Porto Cabeiro, no pasado curso 2016/2017, inciaron o proxecto Re-imaxinamos a escola, coñecendo as súas emocións básicas, grazas a un amigo moi especial que veu ao cole, O monstruo de cores.
Deixámosvos aquí unhas fotos para que poidades revivir cos vosos nenos e nenas de Ed. Infantil e 1° e 2° de Ed. Primaria ese momento tan especial, e así iniciar a vosa andaina na educación emocional en familia.
Premede en cada link e aparecerán as fotos dos nenos e nenas de cada curso acompañados polo Monstruo de cores:
A intelixencia emocional, partindo do modelo de H. Gardner, está formada pola Intelixencia Intrapersoal e Interpersoal.
Así mesmo, para Goleman (1995), consiste en (Bisquerra, 2017):
1) Coñecer as propias emocións: ter conciencia das propias emocións; recoñecer un sentimento no momento que ocorre.
2) Manexar as propias emocións: a habilidad para expresar de formas apropiada as emocións, fundamentada na toma de conciencia das propias emocións.
3) Motivarse a sí mesmo: unha emocións tende a impulsa cara unha acción, por iso, emoción e motivación están intimamente interrelacionadas. Para aprender, polo tanto, é importante automotivarse e para iso é necesario, emocionarse coa aprendizaxe.
4) Recoñecer as emocións dos demáis: Un don de xentes fundamental é a empatía, a cal se basea no coñecemento das propias emocións.
5) Establecer relacións: A arte de establecer boas relacións cos demáis é , en grande medida, a habilidade de manexar as emocións dos demáis. A competencia social e as habilidades que conleva, son a base do liderazgo, a popularidade e a eficencia interpersoal.
Aquí tendes un artigo respecto da importancia de educar as emocións dende os primeiros días: Como educar as emocións
No noso proxecto, seguindo a definición de Intelixencia proposta por Gardner (1983 -2007) temos coma obxectivo a resolución de problemas relacionadas coa concepción da diversidade no contorno do noso centro e a creación de produtos valorados no contorno onde nos desenvolvemos, que é a escola.
Os principios dos que nos facemos eco son os relacionados coas Intelixencias múltiples:
É unha teoría do funcionamento cognitivo
Cada persoa ten capacidades nas oito intelixencias
Cada unha funciona dunha maneira particular en cada persoa
As persoas poden desenvolver cada intelixencia ata un nivel axeitado de competencia
Todas as persoas teñen virtualmente a capacidade de desenvolvr as oito intelixencias ata un nivel alto de desempeño
As intelixencias polo xeral, traballan xuntas de maneira complexa
As intelixencias interactúan entre sí
Hai millóns de maneiras de ser intelixente dentro de cada categoría
Non hai un conxunto estándar de características que unha persoa debe posuír para ser considerado intelixente nunha área específica
A teoría das intelixencias múltiples, destaca a diversidade das formas na que a persoa mostra as súas destrezas dentro de cada intelixencia, así como entre as intelixencias.
Convidámosvos a saber máis, premede nos seguintes links:
Dividimos o noso plan de acción en 5 fases, segundo o "Modelo de sensibilización" proposto pola Guía para a sensibilización (CREENA), nas que realizaremos diferentes actividades, que poderedes ver no noso blog.
Para desenrolar este novo plantexamento, precisamos:
Este novo plantexamento parte do obxectivo: sensibilizar para a a inclusión,
plantexado na Guía para a sensibilización: Sensibilizando para la
inclusión educativa (CREENA), que podedes consultar no seguinte enlace: Guia para a sensibilizacion CREENA