jueves, 28 de diciembre de 2017

Sentíndome, Sentíndote: Descubrindo a Intelixencia e Educación Emocional no cole

Educando as emocións no cole
  
Os nenos e nenas de 3º e 5º do CEIP de Porto Cabeiro, no pasado curso 2016/2017, realizaron a segunda fase do proxecto Re-imaxinamos a escola, coñecendo as súas emocións básicas, a través do "Diario de las emociones" (Anna Llenas).

Responderon en conxunto á pregunta: ¿Pero... qué é unha emoción?. Entre todos, coas súas ideas, crearon a súa propia árbore das emocións.

As árbores das emocións de 3º e 5º





Cada un, debuxou a súa man nun folio e en cada dedo escribiu as 5 emocións básicas que aprenderon, alegría, tristeza, medo, calma e enfado, creando mans de diferentes tipo, xa que todos somos diferentes, diversos e especiais.

 Por último, entre os dous cursos, creamos unha gran árbore das emocións, que podedes ver a continuación. 






No hay comentarios:

Publicar un comentario