viernes, 15 de diciembre de 2017

A nosa riqueza, as nosas intelixencias múltiples

No noso proxecto, seguindo a definición de Intelixencia proposta por Gardner (1983 -2007) temos coma obxectivo a resolución de problemas relacionadas coa concepción da diversidade no contorno do noso centro e a creación de produtos valorados no contorno onde nos desenvolvemos, que é a escola.

Os principios dos que nos facemos eco son os relacionados coas Intelixencias múltiples:

  • É unha teoría do funcionamento cognitivo
  • Cada persoa ten capacidades nas oito intelixencias
  • Cada unha funciona dunha maneira particular en cada persoa
  • As persoas poden desenvolver cada intelixencia ata un nivel axeitado de competencia
  • Todas as persoas teñen virtualmente a capacidade de desenvolvr as oito intelixencias ata un nivel alto de desempeño
  • As intelixencias polo xeral, traballan xuntas de maneira complexa
  • As intelixencias interactúan entre sí
  • Hai millóns de maneiras de ser intelixente dentro de cada categoría
  • Non hai un conxunto estándar de características que unha persoa debe posuír para ser considerado intelixente nunha área específica  
A teoría das intelixencias múltiples, destaca a diversidade das formas na que a persoa mostra as súas destrezas dentro de cada intelixencia, así como entre as intelixencias. 






Convidámosvos a saber máis, premede nos seguintes links:

H. Gardner e as 8 intelixencias  

H. Gardner e a súa teoría das Intelixencias Múltiples 


No seguinte link, tender unha breve explicación sobre cada unha de elas:

Coñece as 8 intelixencias múltiples









No hay comentarios:

Publicar un comentario