jueves, 28 de diciembre de 2017

Reflexionado sobre a diversidade


 A NOSA DIVERSIDADE, O NOSO VALOR


A primeira fase do noso proxecto,  tivo coma obxectivo reflexionar de xeito conxunto sobre a diversidade do ser humano, e tiña os seguintes obxectivos, principios e valores:


·         - Valorar a importancia da persoa por sí mesma

·         - Aceptarme como son

·        -  Aceptar aos demais como son

·        -  Aprender dende a diferenza a sacar as virtudes de cada neno/a

·         - As diferenzas enriquecen a  todos

·         - Respectar as diferenzas  individuais


Para iniciar este proceso de reflexión, utilizamos dúas curtametraxes, que vos invitamos a ver a a partir do seguintes enlances (premede no vídeo e na palabra "Cuerdas"):


Ed. Infantil, 1º e 2º de Ed. Primaria: For the birds



Ed. Primaria: 3º, 4º, 5º e 6º


 


As diferentes aulas, realizaron esta reflexión, e aportaron estas ideas tan INTERESANTES:


Todos os nenos/as son distintos
  
               Somos todos diferentes pero non nos pelexamos por iso, somos amigos/as


 Non hai que chorar por ser diferentes

        
Non lle podemos facer sentir mal aos demais; Se nos fan sentir mal  dóenos o corazón


 Todos somos valiosos, todos somos únicos
                                                                           
                                                        Hai que ter bo corazón con tod@as as persoas



 Somos diferentes, pero sempre amig@s 


Os nenos e nenas de 6º reflexionaron sobre o concepto de "Normalidade" e elaboraron o seguinte cartel:







No hay comentarios:

Publicar un comentario