jueves, 12 de abril de 2018

Ladridos que ensinan


 PROFESORES DE CATRO PATAS

O noso cole é unha caixa de sorpresas...este martes tivemos dous profesores novos...nada máis e nada menos que Barack e Kely, dous canciños de raza labrador, que coa súa dona Bianca (Gabinete Logros), realizaron unha xornada de Terapia Asistida con Animais cos nenos e nenas dende Ed. Infantil a 4º de Ed. Primaria .

Os nosos nenos e nenas puideron coñecer que é a Intervención Asistida con Animais (IAA) de primeira man, experimentado como son as intervencións nas que un animal é incorporado como parte do tratamento para persoas con ou sen diversidade funcional.

Estas terapias teñen o obxectivo directo de promover a melloría nas funcións físicas, sociais, emocionais e cognitivas das persoas,  e os animais pasan a converterse así en axudantes ou “ co-terapeutas” en colaboración con psicólogos, educadores, logopedas,... 

Comprobaron coma os animais son quen de facernos sentir mellor,  de facernos sorrir, de mellorar a nosa inclusión na sociedade,  a xestionar as nosas emocións e  incluso a mellorar as nosas  capacidades e competencias cognitivas, sociais, emocionais, físicas, condutuais.


Hoxe en día os animais son considerados coma seres vivos esenciais para favorecer que o ser humano acade un bo desenvolvemento integral, deixando atrás o uso de estes con fins negativos ou perxudiciais para eles.

Foi unha grande experiencia, que nos fixo sentir felices, queridos, respectados... e é que as súas miradas, xestos, posturas, xogos, risas, tan sinceiras... fannos sentir moi moi especiais a cada un de nós!!!.
Podedes ver a través do seguinte enlace do Faro de Vigo a nosa experiencia: Profesores a cuatro patas no Faro de Vigo


MOITAS GRAZAS BARACK E KELY, XA FORMADES PARTE DA NOSA 
GRAN FAMILIA INCLUSIVA!!

MOITAS GRAZAS BIANCA POR BRINDARNOS ESTA OPORTUNIDADE 
DE APRENDIZAXE VIVENCIAL!!!!.


Para saber máis podedes clicar sobre o seguinte enlace: Intervención asistida con animales - Fundación QUERER (ONG)

No hay comentarios:

Publicar un comentario