lunes, 2 de abril de 2018

Patios cooperativos e inclusivos con COGAMI

PATIOS COOPERATIVOS E INCLUSIVOS

Durante o primeiro trimestre do curso, participamos no proxecto INCLUYE+D de COGAMI, ONG sen ánimo de lucro, que te coma obxectivo promover a igualdade real de oportunidades do alumnado con necesidades educativas especiais por motivos de discapacidade, mediante unha atención de alta intensidade á diversidade e ás necesidades educativas especiais, e remover os obstáculos que dificultan o seu desenvolvemento escolar, con especial apoio e incidente no uso das TIC. Podedes consultar o proxecto no seguinte enlace: Proyecto IncluyE+D.

COGAMI- COCEMFE puxo a nosa disposición plena colaboración coma axentes facilitadores para promover a igualdade real de oportunidades e a atención á diversidade, participación social e a integración máxima posible do alumnado entre 3º de Ed. Primaria e 6º de Ed. Primaria, coa realización dunha serie de xogos cooperativos e inclusivos que se realizaban todos os martes na hora do recreo.

As actividades realizadas foron fundamentalmente xogos cooperativos utilizando diversos recursos coma aros, picas, pelotas, o xogo do paracaídas, o uso de materiais reciclados coma botellas de auga e xogos de memoria, atención e concentración e a introducción dun elemento innovador moi motivante para os nenos e nenas, a robótica.

Os nenos e nenas desfrutaron moito de estas actividades e coñeceron outras alternativas para pasar o tempo de lecer na escola.

Unha grande oportunidade que nos brindou Lupe, responsable de COGAMI,  que enriqueceu moito ao noso cole e aos nosos nenos e nenas, dende aqui e de parte de todos/as nenos/as e do profesorado do CEIP Porto Cabeiro...MOITAS GRAZAS por axudarnos a construir a nosa escola inclusiva!!.

Esta foi a experiencia... chea de ledicia e diversión, e sobre todo de aprendizaxe, colaboración, cooperación e inclusión.


No hay comentarios:

Publicar un comentario