lunes, 9 de abril de 2018

Obradoiro de Disciplina positiva

Disciplina positiva

Educando con cariño e firmeza á vez. Relacións baseadas no respeto mútuo

A disciplina positiva é unha filosofía que proporciona ferramentas ás familias para guialos no proceso de educación dos seus fillos e fillas de forma efectiva e duradeira,  para ser firmes e agarimosos ao mesmo tempo. Ten as súas orixes nos anos 20 nas ideas de Adler, Psiquiatra infantil, xunto con Dreikurs. Foi sistematizada a partir dos anos 80 por Jane Nelsen e ata o momento actual  compróbase o beneficio desta maneira de educar. En España, na actualidade, a formación para familias e para profesionais é levada pola Asociación Disciplina positiva España (premede no link para obter máis información).

Os cinco criterios a ter en conta segundo a autora Jane Nelsen son:

1-      Ser amable e firme ao mesmo tempo (respectuosa e motivadora)
2-      Axuda aos nenos para sentirse importantes (Conexión)
3-      É eficaz a longo prazo
4-  Ensina valiosas habilidades para a vida (Respecto, habilidade para resolver problemas, participación, colaboración, responsabilidade…)
5-      Axuda a que os nenos desenvolvan as súas capacidades e sexan conscientes de elas


Iniciamos o obradoiro coas familias o pasado curso e neste seguiremos esta temporalización:

 

Día  (Martes)                  Hora
Temas a tratar
30 de xaneiro de 2018            17:30 a 19:00
Introdución á Disciplina positiva. ¿Qué é?, ¿Cómo facelo?. Criterios básicos. 
10 de abril de 2018           17:30 a 19:00
Identificación de metas persoais a longo prazo. Proporcionar calidez e estrutura. Ferramentas prácticas.
24 de abril de 2018                 17:30 a 19:00
Comprendendo como pensan e senten os nenos e nenas. Ferramentas para a solución de problemas no día a día respondendo con Disciplina positiva.
15 de maio de 2018                 17:30 a 19:00
Principios e estratexias básicas. Resumo.

Por se queredes saber máis....

Blog da asociación española de Disciplina positiva





No hay comentarios:

Publicar un comentario