lunes, 2 de abril de 2018

Sentíndote, Sentíndome: Creando momentos de felicidade con 3º de Ed. Primaria

Creando momentos de felicidade con 3º de Ed. Primaria


A intelixencia emocional é un dos pilares básicos para a construcción dunha axeitada identidade persoal e para  a mellora das relacións interpersoais, as que precisan dunha grande dose de empatía e para iso creamos o noso frasco da felicidade.

Pensar en positivo non é fácil, e máis en situacións nos que os nenos e nenas pasan momentos difíciles, nos que non teñen moitos amigos con quen xogar ou síntense sós,... e para iso buscamos moitas e divertidas solucións entre todos, utilizando unha técnica artística na que utilizamos os cepillos de dentes coma auténticos pinceis que se chama pintura salpicada.

 Este é o proceso de elaboración...



E esta é a nosa grande creación... incluíndo as frases en castelán e en Braille para que sexa accesible para ás persoas invidentes.




 E como vedes, o noso traballo foi recoñecido pola ONCE no seu 34 Concurso "Reinventando juntos una escuela para tod@s"... día a día construímos a nosa escola inclusiva.



No hay comentarios:

Publicar un comentario