lunes, 9 de abril de 2018

Mindfulness: O fogar tranquilo das familias de 1º

O fogar tranquilo das familias de 1º 

No mes de  novembro a nosa amiga a fada atención plena invitou ás familias de 1º a Construir un fogar tranquilo a través dunha carta e dunha entrada no blog da profe Natalia.


Cada semana, envíaba unha carta para practicar Mindfulness ou Atención Plena.

O plan de atención plena durou 5 semanas, inda que o seu programa é de 8 semanas.

A semana 1 consistía en lavar os dentes moi despacio e de xeito consciente
A semana 2 consistía en quitar e poñer os zapatos despacio e de xeito consciente
A semana 3 consistía en comer, saboreando unha peza de froita, patatas fritas 
A semana 4 consistía en ducharse ou bañarte, dándote conta de como o fas, olendo o xabón
A semana 5 consistía en pintar e colorear en silencio

No Nadal, escribiulles esta carta aos nenos/as e as súas familias:


E o resultado da súa visita ás familias no Nadal é o seguinte... 





Moitas grazas  ás familias de Ariadna, Laia, Breixo, Naira, Leo, Laura e Xoel por invitar á Fada atención plena a pasar uns días de Nadal convosco. 



No hay comentarios:

Publicar un comentario