sábado, 9 de junio de 2018

Estamos capacitados coa Asociación Andaina


 Estamos capacitados!!


No día da diversidade funcional, o día 3 de decembro, a Asociación Andaina de Redondela realiza  diversas iniciativa e actividades. Este ano convídaronnos a facer unha foto cos brazos levantados e as mans pintadas e  amosando un cartel co lema "Estamos capacitados".

 O fin da asociación Andaina, é mellora-la calidade de vida das persoas con necesidades especiais e das súas familias.  Estes son os nosos obxectivos:
  • Dar apoio e asesoramento ás familias.
  • Realizar actividades complementarias á educación regrada de nenas e nenos con necesidades especiais.
  • Acadar a integración social no ámbito escolar e familiar actuando fundamentalmente a nivel local.
  • Difundir, concienciar e sensibilizar sobre a diferenza.
  • Loitar polos dereitos dos nosos nenos para que poidan construir o seu futuro en condicións de igualdade plena.

O concepto de diversidade funcional, foi proposto no ano 2005 no Foro de vida independiente,  para substituír outros con connotacións consideradas peyorativas, como “discapacidade”, “minusvalía”, “invalidez”, etc.

Na Wikipedia, atopamos unha breve explicación sobre o novo enfoque: "Dado que na sociedade existen persoas con capacidades diferentes entre si, mesmo grandes variacións destas nun mesmo individuo ao longo da súa vida, é posible afirmar que, nun momento dado, na sociedade existe diversidade funcional do mesmo xeito que se observa diversidade cultural, sexual ou xeracional"

Para saber máis sobre o concepto e o enfoque na práctica diaria podedes consultar o seguinte enlace:Justicia versus relato.

Por outra banda, na páxina wenb de "La mente es maravillosa" podemos atopar a seguinte reflexión e exemplo para poder entender o significado deste termo:

"O concepto de diversidade funcional vén romper coa idea de que as persoas con discapacidade sofren un trastorno que lles incapacita. A sociedade sería a que categoriza a eses individuos como persoas con discapacidade. 
O perigo xa non só residiría na categorización e nas súas connotacións, senón e sobre todo no feito de que sería precisamente a propia sociedade a que impón esas condicións ás que a persoa con discapacidade non se pode adaptar. Isto é unha idea constructivista, fácil de entender a través da seguinte afirmación: se todo o mundo fose cego, ser cego non supoñería ningún problema: a sociedade adaptaría o contexto á cegueira.
  A sociedade é a que exclúe aos individuos con diversidade funcional e sácaos da “normalidade” ao non crear produtos, recursos ou ferramentas accesibles a eles."

 Podedes ler o artigo completo no seguinte enlace: Diversidad funcional una nuevaperspectiva sobre la discapacidad.


No noso cole, por proposta da mestra de Ed. Física Ánxela, participamos na súa proposta, e para ver o resultado premede no seguinte link: Estamos capacitados.









No hay comentarios:

Publicar un comentario