jueves, 7 de junio de 2018

Os nutrientes e a aprendizaxe


A influencia dunha boa alimentación na aprendizaxe

Unha aportación axeitada de nutrientes no día a día pode axudar a mellorar o proceso de aprendizaxe dos nosos nenos e nenas.

Fai case 2000 anos, Hipócrates (400 a. C.) creaba unha frase que está de plena actualidade ““Deixa que a comida sexa a túa mediciña e a mediciña o teu alimento”. Hoxe en día, tanto na casa coma na escola, valoramos a grande importancia que ten unha boa alimentación para unha boa saúde, pero as investigacións actuais, afirman que ademais existen unha serie de nutrientes que teñen relación coa aprendizaxe e que están implicados en multitude de procesos a nivel cerebral, regulando os procesos de atención, execución de tarefas,...

Un de eles é o ferro, que podemos atopar na carne e nas verduras, o cal é un dos precursores da  dopamina, un neurotransmisor cerebral implicado nas vías que regulan a capacidade de atención.
Os ácidos graxos omega-3 e omega-6, presentes especialmente no peixe azul, dos que existe multitude de literatura médica que relaciona un déficit destes dous ácidos graxos esenciais (“esenciais” quere dicir que non os pode sintetizar o noso organismo, senón que só podémolos obter coa dieta) con problemas de aprendizaxe.

Por último é importante recordar a necesidade da consulta a profesionais médicos que sirvan de guía.
Para saber máis (Fonte: mipediatra.es)

No hay comentarios:

Publicar un comentario