O libro negro das cores
Na aula de 4º Ed. Infantil atopamos un libro que nos sorpredeu moito, e é que nos propón una nova experiencia cos sentidos, "ver" as cores como o faría un neno/a cego.
En cada par de
páxinas atopamos unha descrición de cada un das cores tal como
concíbeos Tomás, un neno que non pode ver as cores. É un libro creado só en negro.
O libro está enteiro ilustrado en relevo e está escrito en letras en tinta e coa súa tradución en Braille.
As ilustracións son relevo e é onde podemos "sentir" cada cor.
Quedamos impresionandos ao ler como son as cores sen poder velos e o que esperta en Tomás cada un deles.
Que gran aventura iniciamos con este libro sorpresa... que de seguro, continuará.
Para saber máis premede no seguinte enlace: El libro negro de los colores
No hay comentarios:
Publicar un comentario